Santiago
Verea reclámalle a Raxoi que aclare «se quere visitantes ou non»
O líder do PP insiste «na necesidade da posta en marcha de medidas urxentes de apoio a industria turística compostelá»

Os concelleiros do PP de Santiago, Borja Verea e María Baleato, durante un pleno / Cedida
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclamoulle onte ao goberno de BNG e CA que aclare «se quere turistas ou non» na cidade, «tendo en conta a súa inacción, a pesar dos malos datos que vén sinalando o sector dende o verán», polo que insistiu tamén «na necesidade da posta en marcha de medidas urxentes de apoio a industria turística compostelá».
Verea preguntouse «se o goberno de BNG e CA está preocupado ou non polos datos turísticos, cando estamos ante as peores cifras dos últimos cinco anos». Nesta liña, engadiu que «a realidade é que dende minuto un os nacionalistas entenderon que os visitantes son un problema, mentres que nós defendemos que o que fai especial e único a Santiago é a súa relación con eles».
Reclama «coherencia» a BNG e CA
Desta maneira, o líder do PP pediu «coherencia» ao goberno municipal e que respondan «se cren que hai un problema cos visitantes en Santiago porque saturan a cidade, polo tanto, que expliquen: queren menos, si ou non?». Verea sinalou «a incoherencia dos nacionalistas que non queren visitantes, pero, cando hai un mes bo, saen axiña en rolda de prensa a colgarse a medalla de que melloran os datos, polo tanto, nós pedímoslle claridade».
Ademais, Verea denunciou que «o goberno nacionalista está conseguindo algo que era imposible, que ninguén pensaba que podería ocorrer, se están cargando, incluso, a industria turística de Santiago».
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- Seis nuevas jornadas de huelga de autobuses en Santiago: consulta los días y los servicios mínimos