Que facer hoxe, 10 de decembro, en Santiago: foliadas, obradoiros ou a estrea dun novo espazo gastronómico
Unha obra de teatro, a presentación dun libro de Julio Torrado ou unha charla sobre Alfonso XII, son outras das propostas deste mércores en Compostela

Propostas para este mércores 10 de decembro en Santiago / Cedida
El Correo Gallego
Área Central estrea novo espazo gastronómico con catro locais
‘EL DIECIOCHO’ . O espazo gastronómico El dieciocho abre hoxe no Outlet Área Central, unha nova proposta gastronómica que contará con catro cociñas. Oura Pizza, un proxecto dirixido por Julio Gómez; The Carnivan, establecemento que ostenta o premio á mellor hamburguesa de Castela e León e de España 2025; un restaurante de fusión de cociña peruana e unha proposta que versará sobre a cociña tradicional con produtos e carnes da marca Petramora conforman a nova oferta gastronómica.
Foliada no Modus Vivendi
Os mércores de decembro tamén haberá novas citas coa foliada aberta no Modus Vivendi. O local convida a todos os interesados a levar instrumentos e acudir «con moitas ganas de bailar e cantar». A festa comezará no mítico pub compostelán, situado na Praza de Feixóo, ás 22.00 horas.
Obradoiro de calcetíns de Nadal na Ánxel Casal
A Bilioteca Ánxel Casal propón hoxe unha actividade dirixida a nenos de entre 6 e 12 anos. Ás 18.30 horas, na sala infantil haberá un obradoiro no que se farán deseños personalizados de modelos diferentes de calcetíns de Nadal ou de saquiños de tea de arpilleira. Poderán decoralos con rotuladores téxtiles, feltros, apliques, cascabeis e cintas. Os interesados poden recoller a entrada 30 minutos antes no mostrador.
Charla sobre Alfonso XIII na Real Sociedade de Amigos do País
ARTE. María Dolores Barral Rivadulla, profesora titular de Historia da Arte e vicedecana da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), falará sobre un cadro que retrata a Alfonso XIII, bisavó do actual monarca, Felipe VI, na Real Sociedade Económica de Amigos do País. A mesa redonda, a última do ciclo 2025 A Rseaps e as súas Coleccións de Arte, organizada en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia, terá lugar hoxe mércores as 19:30 horas.
A Aula de Teatro da USC estrea a obra ‘Irmás’
ESCENA . O Salón Teatro acolle a estrea da peza Irmás de Pascal Rambert, a produción da Aula de Teatro da USC do curso 2025-2026 dirixida por Roberto Salgueiro. O reparto compóñeno Alba Casás Fuentes e Cristina Pérez Amigo. O pase, de 1 hora de duración, é con acceso de balde previa recollida de entradas na billeteira (máx. 2/persoa) a partir das 19.00 horas.
Julio Torrado presenta libro en Couceiro
O exdeputado e voceiro socialista Julio Torrado presenta hoxe ás 19 h, na libraría Couceiro o seu libro Tiro libre. Acompañando o autor, estará Xoaquín Fernández Leiceaga, economista e político. A obra «percorre o camiño ordinario das contradicións dos partidos, as impurezas das decisións e as frustracións electorais para atopar, aí, as esperanzas que sobreviven», indica a editorial Galaxia.
Xeoloxía do lixo na Zona C
A artista Ana Moure Rosende (Santiago de Compostela, 1996), presenta hoxe ás 19.30 na Zona C a instalación Acumulacións dun presente moi pasado, un proxecto que ficciona unha expedición humana a futuras formacións xeolóxicas creadas polos residuos acumulados nas marxes urbanas.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- Seis nuevas jornadas de huelga de autobuses en Santiago: consulta los días y los servicios mínimos