Gana de cabalgata de Reis? Todos os detalles para poder formar parte da de Santiago
Aberta a inscripción para que os nenos podan participar como voluntarios, paxes reais ou acompañar o desfile desde os trens

Un momento da cabalgata de Reis celebrada o ano pasado en Santiago
O Concello de Santiago abre o prazo para participar na Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro. Todas as persoas interesadas en participar como voluntarias ou acompañar as súas maxestades desde os trens poden inscribirse dende as 10.00 horas de hoxe xoves 11 de decembro, ata as 22.00 horas do xoves 18 a través do formulario que se atopa dispoñible na páxina web municipal. A cativada tamén poderá solicitar a súa participación como paxes reais.
Tres maneiras
A cidadanía compostelá pode participar de tres maneiras na Cabalgata de Reis que este ano leva o título de A danza da Boa Estrela. Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, acompañados por un adulto, poden participar como voluntarios. Unha vez inscritos, a organización poñerase en contacto para darlles as instrucións.
A cativada de 11 a 16 anos pode tomar parte como paxes reais. Hai un total de 9 prazas. O sorteo para estas dúas posibilidades farase o venres 19 de decembro ás 12 horas no Teatro Principal.
Ademais, o Concello de Santiago ofrece como terceira modalidade prazas para acompañar a Cabalgata de Reis dende os trens. Poden participar menores en compañía dunha persoa adulta. Neste caso as prazas cubriranse por orde de inscrición e reservarase por grupos formados por un máximo de dúas persoas adultas e cinco nenos.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- Seis nuevas jornadas de huelga de autobuses en Santiago: consulta los días y los servicios mínimos