Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP de Santiago denuncia o «autoritarismo» de Sanmartín no Refuxio de Bando

Alertan da "falta de persoal, protocolos e medios" que levan o espazo a "unha situación crítica"

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa na sala de prensa de Raxoi

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa na sala de prensa de Raxoi / CEDIDA

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O concelleiro do PP Adrián Villa compareceu este martes en rolda de prensa para denunciar «o autoritarismo» que di caracteriza as actuacións da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidenta do padroado que xestiona o Refuxio de Bando, composto por nove concellos, ademais de Compostela. Segundo Villa «a falta de persoal, protocolos e medios» leva este refuxio a unha «situación crítica» que impide que se atenda «as necesidades dos animais».

O edil popular lembrou o sacrificio de Gosu, facendo referencia á mobilización popular contra esta actuación, afirmando que no PP «non votamos a favor», a pesar de que si o fixeron en segunda votación –abstivéronse na primeira– segundo puido saber este diario. Villa acusou a rexedora de ocultar a dispoñibilidade de asociacións do padroado para adoptar a Gosu, pese a que os informes técnicos determinaron o sacrificio.

O concelleiro do PP cargou tamén contra Sanmartín pola «expulsión dos voluntarios» do Refuxio de Bando, que provoca que «os cans non poidan saír do canil e non se fai a limpeza» á que tamén contribuían os voluntarios. Para o edil e o seu grupo municipal, o «cambio de fechaduras» é unha escusa do goberno local que o único que buscaba era levar a cabo «unha expulsión encuberta» destes voluntarios.

Tracking Pixel Contents