Facturas impagadas en Santiago: Sanmartín asegura que segue a falar coa oposición para desbloquealas
Os non adscritos piden debate extraordinario cos recibos de Viaqua por separado | O xoves día 18 celébrase o pleno ordinario

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín no balcón do Pazo de Raxoi / Antonio Hernández

O pleno extraordinario do pasado mércores volveu rexeitar o pagamento de 1,9 millóns en facturas atrasadas do Concello de Santiago. Igual que acontecera na sesión ordinaria de novembro, a oposición rexeitou un recoñecemento extraxudicial de crédito que permitiría abonar os pagamentos por servizos realizados por pequenos provedores e tamén as que se adebedan a empresas coma Fenosa ou Viaqua. Neste último caso, trátase de 26 facturas de cobranza do recibo do lixo que se arrastran do mandato do socialista Sánchez Bugallo.
A votación repetiuse en novembro e decembro, co ‘si’ de BNG, Compostela Aberta e PSOE, co ‘non’ do Partido Popular e coa abstención dos catro non adscritos, polo que o pagamento non saiu adiante. Sobre isto, pronunciouse este xoves a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en resposta ás preguntas dos medios. «Imos, por suposto, continuar falando con todo o mundo, mais o que creo que cómpre dicir é que non se entende que non se paguen as facturas. Hai unha mensaxe que teño que trasladar ao conxunto da sociedade e ás empresas, aos pequenos proveedores, que se hai un traballo que se fai, ese traballo hai que pagalo, esa é unha cuestión que debe quedar fóra da loita partidista e é inexplicable que non se aprobe, que non se saia adiante o pagamento de facturas».
"É inxustificable que a gastos realizados haxa alguén que poida decidir co seu voto que non se paguen esas facturas"
No pleno do día 10, aínda máis tenso do que xa está sendo habitual, o PP alegou que o seu voto en contra se sustentaba na carencia de «legalidade xurídica» do contrato de Viaqua para esta cobranza do lixo. O voceiro dos non adscritos, Gonzalo Muíños, instaba o goberno local a celebrar un novo pleno extraordinario, este sábado, no que se achegasen por separado as 26 facturas de Viaqua e as demais, para emitir así un voto favorable nun caso e manter a abstención noutro. Mais polo momento non hai resposta a esta petición.
A rexedora defende que levar este tipo de cuestións ao pleno o é «algo que sempre se fixo no Concello de Santiago e na inmesa maioría dos concellos» e insta a oposición a «explicar por que o fan», que llelo expliquen «ao conxunto da poboación, de pequenos provedores aos que se lles deben esas facturas». E insistiu en que o Bipartito «sempre falamos con todo o mundo, pero, polo que se ve, hai xente que nunca quere moverse da oposición. Quedou claro que falei con todo o mundo no propio pleno, o concelleiro de Facenda falou con todos os grupos, deu todas as explicacións. Pero é inxustificable que a gastos realizados haxa alguén que poida decidir co seu voto que non se paguen esas facturas».
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- Seis nuevas jornadas de huelga de autobuses en Santiago: consulta los días y los servicios mínimos