Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Resolto o décimo concurso para subtitular ao galego vídeos TED de divulgación científica

O certame estimula a presenza da lingua na divulgación científica e nos recursos audiovisuais

Cinco premiadas na última edición do concurso da USC.

Cinco premiadas na última edición do concurso da USC. / Cedida

K.M.

Santiago

A décima edición do certame de subtitulación ao galego de vídeos TED de divulgación científica acaba de facilitar o nome das persoas gañadoras. Na modalidade para a comunidade universitaria da USC venceu Irene Tejado, mentres que na de persoas alleas á institución compostelá o fixo Laura Rey. Ambas recibirán trescentos euros o seu correspondente diploma honorífico.

Na categoría da Universidade de Santiago, o segundo premio foi para Ana Marino, e está dotaco con 250 euros e diploma. Na categoría allea á USC, a distinguida foi Yolanda Casás.

Ruth Prieto alzouse co terceiro galardón na categoría USC, e recibirá 200 euros e diploma, dentro dun certame que pretende estimular a presenza do galego na comunicación e na divulgación científica, ademais de fomentar a existencia de recursos divulgativos audiovisuais na nosa lingua.

Tracking Pixel Contents