Inscrición ata o 7 de xaneiro
Santiago(é)Tapas anima a hostalaría compostelá a inscribirse no concurso
Repartiranse 65.000 manteis promocionais en bares e restaurantes no Nadal

Acto de presentación da campaña, onte no Concello de Santiago / Cedida
A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, presentou onte a nova campaña de promoción do XVII Santiago(é)Tapas deste Nadal, destinada a animar os establecementos composteláns a inscribirse na próxima edición do concurso, que se celebrará do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2026. Tamén participaron na rolda de prensa a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. As tres estiveron acompañadas, ademais, por representantes das empresas e entidades patrocinadoras e colaboradoras do certame.
A iniciativa incluirá a distribución de 65.000 manteis, ademais de carteis, en bares e restaurantes, converténdose nun soporte directo, visible e de gran impacto entre profesionais e clientela. A promoción complétase cunha campaña publicitaria en múltiples soportes e espazos urbanos e unha estratexia de comunicación nas redes sociais do concurso.
Importancia da gastronomía
Louzao subliñou que «a gastronomía é un dos principais atractivos da nosa cidade, que aporta valor engadido, que amosa a nosa cultura a través da calidade dos nosos productos e que fomenta a desestacionalización da demanda».
O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2026. Aqueles locais de hostalaría que queiran inscribirse poden facelo xa e ata o 7 de xaneiro (incluído), a través do formulario online que atoparán tamén na páxina web santiagoetapas.gal.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla