Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Nace o Boletín Oficial da USC: así se poderán coñecer os acordos alcanzados

Calquera persoa poderá consultar informacións que se irán publicando en función do volume da documentación, a urxencia e os requerimentos

Estudiantes de la USC con ordenadores en la biblioteca de la Escuela Técnica Superior de Ingeniería.

Estudiantes de la USC con ordenadores en la biblioteca de la Escuela Técnica Superior de Ingeniería. / Antonio Hernández

L.R.

Santiago

A Universidade de Santiago vén de publicar o primeiro número do Boletín Oficial da USC (BOUSC), ferramenta que ten como obxectivo "garantir o principio de seguridade xurídica e ampliar e reforzar a transparencia da actividade da USC". A súa publicación virá determinada polo volume da documentación a publicar, pola súa urxencia e polos requirimentos derivados da actividade institucional.

Este primeiro número recolle, no capítulo de disposicións xerais, os acordos polos que se aproba o Regulamento dos programas de simultaneidade de estudos e das estruturas curriculares específicas na USC e se modifican os Regulamentos de estudos propios e para a creación, modificación e supresión das plataformas científico-tecnolóxicas.

Captura de pantalla do primeiro número do Boletín Oficial da USC

Captura de pantalla do primeiro número do Boletín Oficial da USC / ECG

No apartado de acordos e resolucións dos órganos da USC este primeiro número inclúe a convocatoria de eleccións universitarias e o recoñecemento da equivalencia de estudos estranxeiros para o acceso a mestrado, doutoramento e estudos propios.

Se o proxecto segue adiante, as persoas interesadas poderán acceder ao Boletín e buscar unha documentación determinada por mes ou ano de publicación no mesmo.

Tracking Pixel Contents