Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE de Santiago esixe prazos concretos da reapertura de Santa Isabel

Destacan a situación do club de Waterpolo que «non ten onde adestrar»

A concelleira socialista Marta Abal

A concelleira socialista Marta Abal / CEDIDA

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A concelleira socialista Marta Abal vai levar ao pleno do vindeiro xoves 18 unha pregunta instando o goberno local a dar prazos concretos para a reapertura do complexo deportivo de Santa Isabel. Nestas instalacións estase a acometer unha reforma integral, que conta cun orzamento de tres millóns de euros, dende o pasado 1 de xuño, e segundo indicaba o titular de Obras, Xesús Domínguez, a finais de novembro, a previsión do executivo de Goretti Sanmartín é que se remate no primeiro trimestre de 2026.

A socialista pidelle á alcaldesa «unha resposta clara sobre cando rematarán as obras» e aféalle que pase a que este verán aseguraron que estas actuacións «van a bo ritmo», a cidadanía segue «sen ter unha data certa de reapertura». Marta Abal advertiulle a Goretti Sanmartín e ao seu goberno que «a cidade merece rigor e planificación, e non improvisación», polo que tratarán de conseguir no pleno que se sinalen «os prazos concretos» para a entrega desta obra.

A edil do PSOE puxo tamén o foco nas «molestias» que estes case seis meses de peche están a causar ás persoas usuarias do complexo deportivo, sen esquecer os clubs da cidade, con especial atención ao Club Waterpolo Santiago que «afronta unha situación especialmente crítica, ao non dispoñer dunha instalación na que adestrar». Circunstancia que segundo Abal «podería deixalos fóra da competición».

Tracking Pixel Contents