Libro dos Bolechas
Alianza para visibilizar doenzas coma a esclerose múltiple e apoiar a inclusión
Representantes municipais e a Federación Galega desta enfermidade lanzaron unha iniciativa para promover a concienciación

Acto celebrado onte na ludoteca María Miramontes, no barrio de Fontiñas de Santiago / Cedida
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada doutros membros da Corporación municipal participou onte na presentación do libro Os Bolechas. A profesora Celia ten esclerose múltiple, no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes. Co libro, a Federación Galega de Esclerose Múltiple (Fegadem) busca promover unha sociedade máis informada e inclusiva dende a infancia. No acto tamén participou a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón.
O evento consistiu nunha xornada matinal para os nenos e as súas familias. Acudiron tamén persoas con esclerose múltiple, coas que a cativada puido conversar e resolver as súas dúbidas sobre a enfermidade. Para rematar o evento, desenvolveuse un xogo que axudou a comprender como poder contribuír a mellorar a calidade de vida destas persoas a través de pequenos actos.
Sanmartín defendeu a importancia de traballar pola inclusión e facer visibles doenzas coma a esclerose. «Sempre temos que traballar pola inclusión», proclamou.
Representantes de Fegadem
A coordinadora de Fegadem, Aldara López, explicou a relevancia desta publicación, coa que a entidade «quere que se entenda que esta enfermidade forma parte da vida dalgunhas persoas, pero iso non lles impide desfrutar do seu día a día nin ter que deixar de facer certas cousas».
Pola súa parte, a presidenta de Fegadem, Teresa González, fixo visible a doenza na súa propia persoa apelando a que a esclerose múltiple «é unha realidade que pode resultar algo complicada de comprender» e que por iso se impulsou esta iniciativa.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla