Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

O Talentia Summit de Santiago pecha con 1.300 currículos intermediados e 2.500 prazas formativas

Ofrecéronse arredor de 300 postos de traballo en vinte sectores diferentes

Acto inaugural do Foro Talentia, celebrado o pasado 4 de decembro no Palacio de Congresos de Santiago

Acto inaugural do Foro Talentia, celebrado o pasado 4 de decembro no Palacio de Congresos de Santiago / Cedida

Santiago

O Concello de Santiago fixo públicas onte as cifras do Talentia Summit, que vén de rematar a súa edición de 2025 tras a celebración dun foro centrado na intelixencia artificial e na xeración Z o pasado 4 de decembro, e unha feira virtual de emprego que se desenvolveu entre os días 9 e 11. O evento pechou con 1.300 currículos intermediados para unhas 300 vacantes ofertadas en vinte sectores diferentes, desde informática e telecomunicacións ata atención sanitaria, pasando por administración de empresas, loxística ou vendas.

Ademais, axendáronse un total de 965 citas coas empresas participantes e coas mentorías online para ofrecer orientación en casos de cambios profesionais, apoio en proxectos, información para mellorar a capacidade comunicativa, ou consellos prácticos para aumentar a empregabilidade.

Aposta pola formación

A oferta formativa volveu ter moi boa acollida este ano, con 2.522 prazas reservadas. Completáronse todas as prazas ofertadas nos 115 cursos online dispoñibles, así como na aula virtual. Tamén se completaron as prazas para a obtención da Certificación Oxford Test of English en diferentes niveis.

Aínda no apartado da formación, ocupáronse preto do 80% das prazas ofertadas de balde nas plataformas Linkedin Learning e Talentia IT Skills, que permite acceder a formación oficial en cursos oficiais de tecnolóxicas como Microsoft, Cisco, Meta, ou JavaScript.

Tracking Pixel Contents