Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 15 de decembro, en Santiago

Exposición sobre Goya y Hellboy en Afundación

Exposición sobre Goya y Hellboy en Afundación / Cedida

Santiago

Goya e Hellboy en Afundación

Stéphane Levallois, «un dos grandes creadores do cine fantástico», reflexiona na sede da Rúa do Vilar sobre os monstros do mestre Francisco de Goya, e recrea este universo en diálogo con Hellboy, unha das criaturas do cómic máis populares do século XXI. Pode visitarse de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30h.

Bieito Iglesias

Bieito Iglesias / INAKI OSORIO

O profesor Bieito Iglesias charla nos Luns do Ateneo

CONFERENCIA. O Ateneo de Santiago celebra este luns, ás 19.30 horas, unha nova cita do ciclo Rompendo as barreiras do localismo, cunha charla do escritor e profesor Bieito Iglesias que eleva por título O ouro de Ourense. Trátase da última conferencia do ano dentro do programa semanal dos Luns do Ateneo e na que o profesor ofrecerá «unha reflexión persoal e literaria arredor da súa cidade natal, empregando a alegoría do ouro para abordar a riqueza cultural, histórica e simbólica da provincia ourensá».

Fotograma de 'Antes de nós'

Fotograma de 'Antes de nós' / Cedida

Castelao e Virxinia Pereira, cinema no Teatro Principal

FILMES. No Teatro Principal proxéctase en dobre sesión Antes de nós, un filme de Ángeles Huerta que propón «unha inmersión emocional na vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Virxinia Pereira a través de dous momentos determinantes da súa biografía, entre 1918 e 1929». A primeira proxección terá lugar ás 11 horas e contará coa presenza da directora, que presentará a película e manterá ao seu remate un coloquio co público. A seguinte sesión é ás 20 horas. Ambas proxeccións son de balde.

Un puesto del Mercado de Nadal en Carreira do Conde

Un puesto del Mercado de Nadal en Carreira do Conde / Antonio Hernández

Mercado de Nadal na Carreira do Conde

COMERCIO LOCAL. Segue, un ano máis o Mercado de Nadal na Carreira do Conde. Setenta postos de decoración, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño...), ademais dunha ampla oferta de comercios locais da cidade. A veciñanza pode achegarse a mercar de 12 a 14 horas e de 16.30 a 21.

Tracking Pixel Contents