Exposición para coñecer as xoias do traxe galego de Compostela ao longo da historia

Mostra do traxe galego en El Corte Inglés / CEDIDA
Dende o 11 de decembro e ata o 7 de xaneiro, a Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés acolle a mostra Picheleiras: O traxe tradicional nas Terras de Compostela, unha exposición coa que a Asociación do Traxe Galego pretende dar a coñecer xoias da indumentaria galega mediante reproducións fidedignas de pezas antigas.
Segundo contan dende a organización, «no primeiro tomo da Historia de Galicia, Manuel Murguía, destacaba a diversidade do traxe tradicional galego: A pesar de que se asemellan bastante e parecen un tipo común, varían, sen embargo, dunhas a outras rexións, no só na feitura, tamén nas cores dos panos». Unha reflexión que é de punto de partida para a mostra organizada pola ATG.
A exposición, na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, pode visitarse no centro comercial do Restollal, de luns a sábado en horario de 10 a 22 horas.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos