Axenda cultural: Que facer hoxe, 16 de decembro, en Santiago?

Plano de ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ / Cedida
‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’
SALÓN TEATRO. Ás 20,00 h., o espectáculo José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983, no que participa o Centro Dramático Galego xunto con catro institucións culturais de Portugal, chega o Salón Teatro. A montaxe, inspirada nos concertos de despedida do icónico cantautor luso. A compañía chega agora a Galicia cunha única función na que colabora o Instituto Camões de Vigo e que será especial porque estará precedida, xusto antes do comezo, dunha pequena homenaxe aos promotores do histórico concerto que Zeca Afonso ofreceu en 1972 no compostelán Burgo Nacións, onde cantou por vez primeira o seu Grândola, vila Morena, dous anos antes de que se convertera no famoso himno da Revolución dos Caraveis.

A cantautora galega Sheila Patricia / Nora Galván
Showcase de Sheila Patricia
MÚSICA. A cantautora galega Sheila Patricia elixe un formato máis íntimo do habitual para dar a coñecer en Compostela o seu novo album, Epifanía. A presentación terá lugar nun showcase no que a artista interpretará en directo os temas do disco e estreará a escenografía que acompañará esta última obra. O evento celébrase hoxe ás 20:00 horas na Casa do Taberneiro, un día antes do lanzamento oficial do álbum. A cita contará coa asistencia de profesionais da industria musical e seguidores próximos ao proxecto. As entradas para o público xa están á venda, con aforo limitado, e poden adquirirse a través de Entradium.com (10 €).

'Hermanos de alma', de David Diop / Cedida
Ateneo de Santiago
No salón de actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º), ás 17.30 h., terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Hermanos de alma, de David Diop (París, 1966). Este autor galo medrou en Senegal e actualmente reside no sueste de Francia, onde é xefe do Departamento de Artes, Linguas e Literatura da Universidade de Pau. É especialista en literatura francesa do século XVIII e nas representacións europeas de África nos séculos XVII e XVIII.
Xosé Miranda, premio de Poesía Afundación
LETRAS. Xosé Miranda, galardoado co XXII premio de Poesía Afundación pola súa obra As torres abolidas, recibe o seu recoñecemento na entrega do Premio de Poesía Afundación, un acto no que se presenta o poemario e que ten lugar hoxe, ás 19 horas, no Centro Obra Social Abanca (Pr. Cervantes).
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla