Cursos de idiomas na USC: Que se poderá cursar no segundo trimestre do ano?
O Centro de Linguas Modernas ofertará a comezos de xaneiro un total de oito idiomas

Estudantes da Universidade de Santiago camiñando polo Campus Sur. / Jesús Prieto
L.R.
A Universidade de Santiago abrirá a comezos de xaneiro o prazo de matrícula para os seus cursos de idiomas, para os que nalgún caso hai que realizar un test de nivel previo.
No campus de Santiago, o Centro de Linguas Modernas ofrece cursos de inglés, alemán, catalán, francés, italiano, portugués e galego para non galego falantes, e no de Lugo haberá nese semestre de alemán, francés, galego e inglés en distintas modalidades. Os cursos diríxense a persoal e estudantado da USC, pero están tamén abertos a calquera persoa maior de 18 anos interesada, aínda que non forme parte da comunidade universitaria.
Non terá que realizar un test de nivel previo o estudantado do nivel inicial do idioma ou quen poida acreditar un nivel inmediatamente anterior do MECRL aprobado no ano ou semestre anterior no propio CLM. O estudantado coa acreditación allea ao CLM, debe poñerse en contacto previo co Centro a través do enderezo clm@usc.gal. Nos restantes casos, é preciso realizar un test de nivel previo á matrícula, que será presencial e/ou en liña. Para realizalo hai que inscribirse de balde no período sinalado para cada caso no anexo da convocatoria.
Conversas en linguas modernas
A USC convoca tamén para o segundo semestre do ano académico 2025-2026 unha nova edición das Conversas en linguas modernas, que se ofrecen en niveis intermedio e avanzado de francés, inglés e checo. Para participar nelas, os requisitos son moi similares á convocatoria dos cursos, aínda que os prazos de matrícula e de inscrición no test de nivel darán comezo en febreiro.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos