Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago acolle este domingo a carreira de Papá Noel a favor de Asanog

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, no centro, na presentación da carreira do domingo.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, no centro, na presentación da carreira do domingo. / Cedida

Redacción

Santiago

A concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, participou este mércores na presentación da Carreira de Papá Noel, que se celebrará o próximo domingo, 21 de decembro, polas rúas da capital galega, nunha xornada que era o último día de inscrición. Os dorsais poderán recollerse a partir de mañá pola tarde no centro comercial As Cancelas.

A proba, cuxa recadación irá destinada á Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia Asanog, consistirá nun percorrido de catro kilómetros, con saída do centro comercial e chegada á Praza do Obradoiro, e todos os participantes o farán co traxe de Papá Noel, mentres que a cativada irá vestida co de elfo. Os traxes repartiranse coa inscrición.

Previa o sábado no Vero Boquete

A SD fará unha previa durante o descanso do encontro do sábado cun grupo de papá noeles que percorrerán as pistas de atletismo do Vero Boquete.

Tracking Pixel Contents