Santiago
A oposición esixe a creación da comisión sobre a taxa turística de Santiago
O goberno de Sanmartín ten de prazo ata o 1 de abril para a formación deste órgano

Turistas en Santiago durante a ponte de decembro / Antonio Hernández

O pleno municipal compostelán deu o seu visto bo onte para a creación urxente da comisión de seguimento da taxa turística, un órgano que debe asesorar sobre o destino da recadación obtida a partir do cobro do imposto. A concelleira non adscrita Mila Castro, autora da proposición, lembrou que o goberno ten seis meses de prazo desde a entrada en vigor. Transcorrida a metade dese tempo, «non se deu ningún paso». Tendo en conta que os hoteis farán a primeira autoliquidación en xaneiro, valorou que «máis importante que cobrar é que o recadado reverta na veciñanza».
Por parte do PP, que secundou a proposta, a concelleira María Baleato afeou ao goberno local que «é incrible que aínda esteamos así», tildando de «pésima» a xestión. «Ou aceleran moito ou non lles dará tempo a cumprir os prazos», advertiu.
O voceiro do PSOE –que optou pola abstención–, Sindo Guinarte, valorou que «había que resolver este tema cando se aprobou a ordenanza». Ademais, instou ao goberno a presentar unha proposta e negociala «de verdade, non como fixeron cando se aprobou a taxa».
Tramitación a principios de ano
A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, lembrou que xa foron presentadas «as liñas xerais» deste órgano e apuntou que Raxoi xa ten un texto elaborado ao respecto que «está sendo contrastado co persoal do Concello». Finalizada esta fase, «a tramitación iniciarase a comezos do próximo ano», subliñou.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla