Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Abal esixe o pagamento das nóminas ao personal dos CSC antes de que remate o ano

A concelleira socialista denuncia que os traballadores do Servizo de Dinamización e Animación dos centros socioculturais de Santiago levan sen cobrar dende outubro

Marta Abal, concelleira do grupo municipal socialista en Santiago.

Marta Abal, concelleira do grupo municipal socialista en Santiago. / Cedida

Santiago

A concelleira do grupo municipal socialista Marta Abal denunciou este venres que as traballadoras e traballadores do Servizo de Dinamización e Animación dos centros socioculturais de Santiago «levan sen cobrar desde o mes de outubro, sen ter percibido aínda esas nóminas, nin saber cando cobrarán as correspondentes aos meses seguintes, nin a paga extraordinaria».

«Desde o grupo municipal socialista esiximos que o goberno municipal tome medidas inmediatas, de modo que, antes de que finalice o ano, as traballadoras e traballadores cobren as súas nóminas porque é un dereito básico e esencial», afirmou Abal.

Atrasos

Advertiu ademais de que os atrasos non son un feito puntual nin sobrevido, senón unha situación coñecida desde hai tempo. «Non entendemos que, a golpe de 19 de decembro, o Concello non teña adoptado medidas ao respecto porque non era algo novo o retraso que ten a empresa en aboar as nóminas», lembrou a concelleira.

Neste sentido, Abal criticou «o pasotismo do goberno municipal en ter tomado medidas ao respecto para poder garantir que as traballadoras e traballadores de un servizo tan importante para o noso Concello cobren». «Sobre todo», engadiu, «tendo en conta as datas nas que nos atopamos».

Tracking Pixel Contents