Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, 20 de diciembre, en Santiago?

Circo, acrobacia e poesía visual con ‘Nanuq’ no Auditorio / Cedida
Circo, acrobacia e poesía visual con ‘Nanuq’ no Auditorio
A partir das 18 horas o Auditorio de Galicia acolle a función Nanuq, un espectáculo de circo para toda a familia e recomendado para cativada de 0 a partir de 2 anos. Con entradas a 3 euros, a compañía Vöel ofrece un espectáculo de 45 minutos, unha viaxe de poesía visual e a acrobacia na procura de xerar un mundo onírico. "Unha historia de amizade sen barreiras, esas barreiras chamadas prexuízos e que se erguen como altos muros na vida dos adultos; os máis pequenos non entenden de barreiras".
Humor coa parodia de ‘El Rey León’ no Teatro Compostela
Teatro Compostela acolle ás 21 horas a función El Rey Lirón, "o enésimo intento de imitar El Rey León de Madrid, pero sen medios, sen cartos, sen artistas, sen cantantes e sen director…". Así se anuncia esta función que "non é un musical" senón "unha parodia que homenaxea o público, a súa paciencia, e bebe de fontes tan peculiares como La Cubana ou obras máis recentes como A función que sae mal, pero en realidade nace da historia real dun estafador condenado a cadea polos seus mil intentos fallidos de facer El Rey León".

Humor coa parodia de ‘El Rey León’ no Teatro Compostela / Cedida
Chega ao Son Vermú a música de raíz de Sofía Espiñeira
Ás 13 horas deste sábado a música de Sofía Espiñeira chega á Carpa Roxa, no centro do Ensanche compostelán, dentro da programación de Nadal do Concello de Santiago. Espiñeira presenta o seu novo disco, Xeografías, e faino ao vivo con Ailén Kendelman, na percusión, e Yudit Almeida no contrabaixo. Un trío acústico que explora as «sonoridades e as rítmicas da raíz galega e a latinoamericana». Coma o resto de programa destas festas o acceso é de balde.

Chega ao Son Vermú a música de raíz de Sofía Espiñeira / Cedida
Mercado de Nadal en Área Central
Ábrese dende hoxe mesmo o Mercado de Nadal do Centro Comercial Área Central, un complemento ao que xa está en funcionamento na Carreira do Conde. A apertura oficial é as 12 desta mañá e permanecerá na área comercial até o vindeiro 5 de xaneiro. E aínda hai un terceiro mercado máis, o da Estrela, aberto todo o día en diferentes espazos da cidade.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla