Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Recital en Santiago para para conmemorar a estrea institucional do Himno Galego

Diferentes corais e agrupacións musicais percorren Galicia para celebrar colectivamente esta obra fundacional da identidade galega

O Teatro Principal, en Santiago, acolleu este venres o recital 'Cantar a Nación'.

O Teatro Principal, en Santiago, acolleu este venres o recital 'Cantar a Nación'. / C. S.

Santiago

O Teatro Principal, en Santiago, acolleu este venres o recital Cantar a Nación, para conmemorar a estrea institucional do Himno Galego en 1907 na Habana. Diferentes corais e agrupacións musicais percorren Galicia para celebrar colectivamente esta obra fundacional da identidade galega. En Compostela, o acto contou con De Ninghures e Coro da Ra, nun encontro que «reivindica a forza da música como expresión comunitaria e memoria viva da nación». Asistiu a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Tracking Pixel Contents