Recoñecemento a 30 anos de dedicación á USC: "Podedes sentirvos orgullosos e orgullosas"
83 traballadoras e traballadores da Univesidade de Santiago recibiron as Insignias Fonseca

Foto de grupo das persoas recoñecidas coas insignias e as autoridades universitarias. / Santi Alvite
"Estes 30 anos de dedicación teñen sido unha peza fundamental para que a Universidade de Santiago sexa hoxe a que é". Así comezou este venres o reitor Antonio López a súa intervención no acto de entrega das Insignias Fonseca a 83 traballadoras e traballadores -68 docentes e 15 membros do persoal técnico de xestión e de administración e servizos- con trinta anos de servizo na institución.
Ademais de agradecer todo o seu esforzo, quixo salientar “o espírito de convivencia que tedes demostrado en todo este tempo para seguir construíndo e fortalecendo a nosa propia identidade universitaria”. “Podedes sentirvos orgullosos e orgullosas”, dixo o reitor.
"A USC experimentou un gran cambio nestes últimos trinta anos"
En nome do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, tomou a palabra José Antonio Pequeño López. “530 anos de tradición deben ir tamén acompañados de modernidade, e así o facemos nesta Universidade, que experimentou un gran cambio nestes últimos trinta anos”, dixo. Este traballador da Oficina de Información Universitaria lembrou como presenciou a construción de novas residencias universitarias “que hoxe conforman un sistema modélico”, novas facultades ou novos centros de investigación, e recoñeceu tamén “o esforzo que todo o persoal dende as súas responsabilidades está facendo para que a sociedade coñeza a fondo a nosa oferta formativa”.
A misión da universidade pública
Pola súa banda, o profesor de Ciencias da Comunicación Xosé López García interveu en representación do persoal docente e investigador neste acto “que axuda a manter viva unha convivencia saudable e a vida social dunha universidade presencial que é cinco veces centenaria”. López puxo o foco na achega do sector do profesorado á misión da Universidade pública que teñen encomendada. “As universidades aséntanse nun territorio e deben implicarse para actuar como motores dun desenvolvemento sostible vinculado actores locais, empresas e gobernos para un crecemento equilibrado. E iso hai que facelo con equipos humanos motivados e ilusionados para acadar ese obxectivo común”, afirmou.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos