Sae a rúa o sexto número da revista da asociación de veciños do casco histórico de Santiago
Consta de 20 páxinas nas que se recollen as principais inquietudes da xunta directiva

José Baqueiro, membro da xunta directiva da Asociación de Veciños da Cidade Histórica Fonseca, posa co seu libro de acuarelas. / Antonio Hernández
A Asociación de Veciños da Cidade Histórica, Fonseca, publica o sexto número da súa revista, grazas ao programa de subvencións ás asociacións veciñais do Concello de Santiago. A publicación, da que se distribúen 400 exemplares entre a veciñanza e negocios do casco histórico, consta de 20 páxinas nas que se recollen as principais inquietudes postas en común pola xunta directiva da entidade, presidida por Roberto Almuiña e composta por José Baqueiro, Paloma Pintos, José Ángel Cocho, Cristina Bacariza, María José Lorenzo, Pastora Rivas y Jesús Varela.
A revista abre as súas páxinas co editorial do presidente, no que analiza diferentes cuestións de máxima actualidade na cidade, como a finalización da concesión do aparcadoiro da Praza Galicia e a reclamación social do seu uso prioritario para os residentes; a tardanza nas licenzas de obras menores, os problemas cos permisos de ocupación da vía pública ou o retraso na tramitación das denuncias urbanísticas; a falta de control nas terrazas, cunha apropiación “incontrolada” do espazo público; a falta de axilización no expediente das novas licenzas dos taxis, ao igual que o contrato do servizo dos autobuses urbanos; a solicitude veciñal para a apertura por parte de Viaqua dunha base de reparacións na Cidade Histórica; ou a problemática co lixo e o ruído.
A reportaxe principal da revista centrouse no Conector Central, para o que a Asociación presentará alegacións ao concurso co obxecto de que as necesidades da veciñanza e dos comerciantes da zona se vexan reflectidas. Nesta valoración, a Asociación destaca que as rúas de San Clemente e Rodrigo de Padrón están excluídas do concurso "a pesar dos seus constatados problemas de mobilidade e de tráfico".
A revista péchase con dúas informacións culturais, referidas á publicación das acuarelas de Santiago de José Baqueiro, e unha entrevista á propietaria da libraría Cronopios, agora situada no casco histórico.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI