Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 21 de decembro, en Santiago?

Cantos de Nadal do grupo Resonet no Convento de San Francisco

Cantos de Nadal do grupo Resonet no Convento de San Francisco / Cedida

Cantos de Nadal do grupo Resonet no Convento de San Francisco

Resonet, un renomeado grupo de música antigua fundado en 1990 en Santiago, presenta un concerto de Nadal cun programa que inclúe cantos do Renacemento e o Barroco europeo e americano, así como panxoliñas tradicionais de Galicia, con arreglos e autoría dos maestros Nemesio Gª Carril e do Padre Manuel Feijoo. A actuación terá lugar no Convento de San Francisco, ás 12:00 horas, con Mercedes Hernández (soprano), Christian Losada (tenor), Miguel Ulla (contratenor e percusión), Paulo Gonçalves, (frautas) e Fernando Reyes (tiorba, guitarra barroca e dirección).

Exposición sobre un xacemento prehistórico no Edificio Fontán

O Ecoespazo do Edificio Fontán recolle a exposición O Corro dos Mouros. Unha longa historia... A monumentalidade ritual-funeraria dende o Bronce Final ata a Idade do Ferro en Galiza, unha montaxe obra da investigadora do grupo EcoPast da Universidade de Santiago e do CISPAC Pilar Prieto Martínez, directora das escavacións. A mostra, que se pode visitar ata o 30 de xaneiro en horario de 10:00 a 20:00 horas, achega unha síntese sobre este destacado xacemento prehistórico de Adai (Lugo), no cal se atoparon máis de 1.200 novas pezas arqueolóxicas na última campaña.

Exposición sobre un xacemento prehistórico no Edificio Fontán

Exposición sobre un xacemento prehistórico no Edificio Fontán / Cedida

A Banda Municipal e o Ballet de Galicia ofrecen ‘O crebanoces’

A Banda Municipal de Música presenta o Concerto de Nadal, xunto ao Ballet de Galicia, co espectáculo O crebanoces, unha proposta que busca envolver ao público nun espíritu festivo. A dirección do ballet corre a cargo de Diego Landín e a dirección musical será de Casiano Mouriño Maquieira. O concerto, que comezará ás 12:00 horas no Auditorio de Galicia, terá unha duración de 60 minutos. O acceso é gratuíto, se ben se precisa retirar antes as localidades, cun máximo de dúas por persoa.

A Banda Municipal e o Ballet de Galicia ofrecen ‘O crebanoces’

A Banda Municipal e o Ballet de Galicia ofrecen ‘O crebanoces’ / Cedida

Teatro familiar en A Casa das Máquinas

A Casa das Máquinas acolle esta tarde a representación Historias para escagarriñarse de Teatro Ghazafelhos. Nela repasaranse historias como as de A Cabra Montesina, As Lavandeiras, a Santa Compaña,etc. Trátase dun espectáculo cómico de rúa para todos os públicos que comezará ás 18.00 h. O acceso é libre ata completar capacidade.

Tracking Pixel Contents