Postais dende Raxoi
Belvís e a Ameixaga, espazos que recenden

Parque de Belvís en Santiago
Goretti Sanmartín
«O idioma é o ollo oculto da eternidade». Caracois de Belvís, Lupe Gómez
Subir pola rúa da Ameixaga para chegar a Belvís coa miña cadela Isolda foi un percorrido intenso que recendía a todo o bo que teñen os ritmos do cotián. Boto moito de menos eses paseos, tres veces ao día. Moi cedo, de mañá, cando as rúas aínda non están postas. A mediodía, antes ou despois de xantar, dependendo dos horarios, unha visita acelerada, mais sempre con presenza de veciñas na rúa coas que parar uns minutos. E logo o paseo nocturno no inverno e tardío no verán, con máis vagar e xogos. O pracer de apañar pedras ou castañas e de voltar a casa sempre cun novo tesouro para acrecentar á morea agachada na súa casiña. Para contrarrestar, en ocasións o que faciamos era levarmos algúns dos caracois que aparecían na nosa horta a Belvís.
Ese espazo extraordinario, con fantásticas vistas da cidade e amenceres e solpores ateigados de cores dá azos para enfrontar a vida. Atopar outras persoas e cans, recoñecer os que saúdan contentos e os que rosman ao se cruzaren, darlle os bos días á muller que percorre durante unha hora un dos seus camiños. Ou decidir subir á parte alta e chegar ao miradoiro. Ese lugar xa é outro Belvís, o de Begoña Caamaño. E transportámonos a intimidades, intercambios musicais e literarios mais, sobre todo, políticos. Porque Bego era xornalista cultural, cunha forte conciencia sindical e activa implicación política. Por iso Belvís recende a natureza, a lingua e a feminismo.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla