Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

O debuxo dunha nena de Santiago ilustra a postal de Nadal do CPEIG

Foi premiada no certame convocado polo colexio profesional

Felicitación do CPEIG co debuxo gañador do certame

Felicitación do CPEIG co debuxo gañador do certame / Cedida

Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o décimo cuarto Concurso de Postais de Nadal 2025. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como postal oficial do CPEIG o debuxo de Amara Vila Seijo, que participou na categoría A, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A postal de Amara, unha nena de 8 anos de Santiago estudante do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, foi presentada polo seu pai, o colexiado Bruno Vila Vilariño. O debuxo ten como protagonista un gato informático, que aparece na ilustración como personaxe central dunha auténtica estampa de Nadal, traballando cun computador portátil e un rato e ataviado cun xersei festivo e a árbore de Nadal ás súas costas. De agasallo a rapaza recibirá unha tablet.

Felicitación do CPEIG

O traballo de Amara Vila Seijo será a postal oficial coa que o colectivo de enxeñeiros informáticos felicitará as festas do Nadal este ano, acompañada da seguinte lenda: "Cos mellores desexos de paz e prosperidade, a Xunta de Goberno do CPEIG deséxalle Bo Nadal e Feliz Ano 2026". A categoría B do certame quedou deserta.

Tracking Pixel Contents