Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

O Gaiás abre unha mostra que pon en valor a cidade de Ferrol

José Pardo e Jorge Meis son os autores da exposición fotográfica que poderá visitarse na Cidade da Cultura ata o 18 de xaneiro

Lorenzo, durante a inauguración da exposición

Lorenzo, durante a inauguración da exposición / Cedida

Santiago

O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, inaugurou este luns a exposición Diálogos no Museo Centro Gaiás. A mostra, obra dos fotoxornalistas José Pardo e Jorge Meis, propón un novo relato visual sobre Ferrol da man de dúas persoas fondamente vencelladas á localidade co fin de achegar a Santiago de Compostela unha ollada diferente sobre a cidade de partida do Camiño Inglés.

A mostra, que pode visitarse ata o 18 de xaneiro, propón unha nova visión sobre Ferrol desde a convivencia entre dúas miradas que conversan entre si. Os dous fotógrafos constrúen un relato visual no que a experiencia persoal e o coñecemento do territorio se converten en eixo central.

Comisariada polo artista Eduardo Hermida, preséntase como unha conversa na que Pardo e Meis comparten escenario, pero interprétano de maneira diferente, dando lugar a unha beleza complementaria. A combinación de gamas de grises con paletas cromáticas expresivas amplía a percepción da cidade e ofrece un mapa emocional e contemporáneo de Ferrol.

Fotógrafos locais

Durante o acto inaugural, Lorenzo destacou a «a acollida de fotógrafos locais que nos achegan unha nova forma de mirar» Galicia. Ademais, asistiron o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, entre outros.

Tracking Pixel Contents