Finais de febreiro, os prazos que manexa Raxoi para volver solicitarlle á Xunta a declaración de zona tensionada
O luns 12 de xaneiro preséntase a nova documentación diante da mesa sectorial de vivenda
Pese a non estar de acordo coas ‘eivas’ apuntadas polo IGVS na anterior ocasión, Lestegás afirma que agora se saldan no novo proxecto

Unha inmobiliaria de Santiago con aviso de que non teñen pisos para alugar / Antonio Hernández / 65

O concelleiro de Vivenda, Iago Lestegás, anunciou este martes a data da próxima reunión da mesa sectorial de vivenda, o 12 de xaneiro. Unha xuntanza na que se vai presentar a nova documentación da solicitude, que será entregada en febreiro, para que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) declare o Concello de Santiago zona de mercado residencial tensionado. O obxectivo do goberno local é poder regular copando os prezos do alugueiro para facilitar o acceso da veciñanza a unha residencia, «dereito fundamental» recollido na Constitución Española, como lembrou o edil.
O concelleiro de Vivenda, Iago Lestegás, anunciaba este martes a data da próxima reunión da mesa sectorial de vivenda. Unha xuntanza na que se vai presentar a nova documentación da solicitude
O obxectivo do goberno local é poder regular copando os prezos do alugueiro para facilitar o acceso da veciñanza a unha residencia, "dereito fundamental" recollido na Constitución Española, como lembrou o edil.
Recordando a primeira negativa do IGVS a esta declaración, o concelleiro quixo destacar que Raxoi non desiste no intento de "conseguir que a Xunta, que é quen ten as competencias de vivenda, regule o mercado", e non deixou de sinalar que esa primeira negativa non se sustenta en deficiencias do estudo elaborado pola UDC, nin en que ese primeiro informe "non cumprise os requisitos legais", senón en que "o PP usa o goberno autonómico para facerlle oposición ao goberno de Santiago".
Unha vez revisada a documentación pola mesa sectorial abrirase un período de 20 días para a achega de alegacións e a incorporación das mesmas se se considera necesario e, xa despois, volverase presentar a solicitude no organismo da Xunta. Unha petición que leva agora nos seus informes "só datos oficiais" como reclamaba a Administración autonómica. Unha vez máis Lestegás insistiu en que a lei obriga a presentar "datos obxectivos" mais non require que tan só sexan oficiais.
Reelaboración da documentación pese ao "desacordo"
O edil Iago Lestegás lembrou que unha vez rexeitada pola Xunta a petición de Compostela como zona tensionada "ignorando as explicacións" dadas en xuño polo Concello e asumindo o desestimento da solicitude "sen referencias xurídicas", Raxoi situouse na encrucillada de acudir á xustiza (logo de ser desestimado tamén pola Xunta o recurso de reposición) ou reelaborar a proposta.
"Aínda que con profundo desacordo", o goberno local optou por esta segunda vía. O que o 12 de xaneiro se vai presentar ante a mesa sectorial de vivenda contén datos procedentes de órganos de distintas administracións, como poden os institutos de estatística autonómico e estatal ou do ministerio correspondente.
A nova documentación consta dun texto sobre o procedemento preparatorio do informe e unha memoria xustificativa, "só con datos oficiais, se ese era o problema xa non hai problema", remarcou Lestegás para deslizar "a ver se non buscan outra escusa". O documento engade de novo datos relativos aos prezos do alugueiro en relación con IPC, a suba no custo dos arrendamentos nos últimos anos, especialmente logo da crise inmobiliaria de 2008, e o incremento nas rendas familiares. O primeiro sitúase arredor dun 70% máis caro, mentres o segundo só medra en torno ao 30%. En canto a Santiago o alugueiro encareceu un 40% entre 2019 e 2024, segundo o Observatorio de Vivenda, e o crecemento acumulado do IPC en Galicia foi do 20,0%. En Compostela "supérao en máis de 20 puntos porcentuais, polo tanto non pode haber ningunha dúbida sobre o cumprimento dos requisitos legais para que o noso municipio sexa declarado zona de mercado residencial tensionado".
"Non hai dúbida de que se cumpren todas as 'eivas' que sinalou a Xunta na anterior solicitude", asegurou o edil Lestegás, e denunciou que "a dereita non quere que se conteña a escalada no tensionamento do mercado do alugueiro". Fronte a isto reafirmou o interese do goberno de Santiago por "adoptar decisións valentes e medidas eficaces" para conter esta escalada. "Non actuar non é unha opción, a vivenda é un dereito".
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla