Postais dende Raxoi
A Compostela eterna

O edificio do Museo do Pobo Galego, en Bonaval
Míriam Louzao
No Nadal sempre me gustou volver ser nena e máis agora que podo revivilo nos ollos de Antón e Aldán. Traballar por deixarlles unha Compostela con alma e o orgullo de pertencer a este lugar é o que me move. Para que cando miren atrás lembren, coma min, unha Compostela viva, real, construída por todos e todas, día a día. A Compostela que eu vivía, á idade de Aldán, camiñando desde os Concheiros ata Bonaval, pisando cada pedra da rúa de San Pedro mentres saudaba a Luisa, na súa mercería ou a Maribel, na libraría.
Para chegar á escola, exactamente no mesmo lugar onde case 40 anos despois puiden vivir o momento histórico de sacar das caixas Xeremías e Ezequiel para devolverllas ao pobo. Paseo que, cando tiña os anos de Antón, seguía subindo Casas Reais, pasando polo Preguntoiro, a Caldeirería para chegar ás Orfas e rematar os venres cun esponxoso da chocolataría Raposo. E os domingos, ir pasear cos meus pais á Alameda, parar xogar na Quintana… mentres me contaban historias da súa infancia, cando ían ao cine ao Salón Teatro ou xogaban no campo da Angustia.
O Nadal é momento de volver ser nena, mais tamén de lembrar a quen xa non podemos ter na mesa. Compostela é súa xente. Os comerciantes que saúdan as crianzas cada mañá camiño da escola, os Antón e Aldán que hai en cada casa e que seguirán amando esta cidade e os que xa non están pero axudaron a construíla. Compostela é esa estrela de oito puntas que nos fai sentir que formamos parte dunha comunidade, que somos memoria e historia, que somos o elo dunha cadea eterna.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos