Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dor en Santiago pola morte de Conchita Suárez García, socia de honra da Asociación do Traxe Galego

Será enterrada este venres no cemiterio municipal de Boisaca

Conchita Suárez era socia de honra da Asociación do Traxe Galego en Santiago

Conchita Suárez era socia de honra da Asociación do Traxe Galego en Santiago / Jesús Prieto

Santiago

Santiago lamenta neste día de Nadal a perda de Concepción Suárez García, socia de honra da Asociación do Traxe Galego e persoa moi querida por toda a comunidade, especialmente na rúa San Pedro de Mezonzo, onde residía. Viúva de Manuel Delgado Reboredo, Conchita Suárez, como era coñecida, destacou pola súa gran implicación na exaltación do traxe galego e pola súa inestimable colaboración na enseñanza do bordado dos nosos traxes tradicionais durante moitos anos, transmitindo saber e tradición a novas xeracións.

O corpo de Concepción atópase no tanatorio municipal de Boisaca, e o funeral celebrarase este venres 26 de decembro, ás 16.30 h, na capela do tanatorio. A continuación, recibirá cristiá sepultura no cemiterio municipal de Boisaca. A súa labor e dedicación ao Traxe Galego deixan un legado que será lembrado por todos os que tiveron a sorte de coñecela e aprender ao seu carón.

Tracking Pixel Contents