Santiago
De Vacas esgota as entradas en Santiago no inicio da xira do seu décimo aniversario
A formación ofrece un concerto o domingo no Auditoriono que revisa os seus éxitos en clave sinfónica xunto ao Coro da Ra e unha orquestra

De Vacas, interpretando unha das súas cancións / Bernabé
O grupo De Vacas ofrece este domingo 28 de decembro ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia o primeiro dos cinco concertos da xira Vacanal Sinfónica. A formación musical integrada por Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández esgotou as entradas para a primeira parada do tour co que celebra o seu décimo aniversario.
Espectáculo de gran formato
Vacanal Sinfónica é un espectáculo especial de gran formato, para o que De Vacas prepara unha revisión en clave sinfónica e operística dos seus grandes éxitos xunto ás máis de 50 voces do compostelán Coro da Ra, baixo a dirección de Ramón Bermejo, ademais dunha orquestra que interpretará arranxos asinados polo compositor Lucas Rei. A posta en escena está deseñada por As Dúas e Punto. Despois da devandita actuación inaugural en Santiago de Compostela, o grupo continuará en febreiro e marzo con catro novas citas co público noutras tantas localidades galegas.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago