Recollida récord de agasallos de Nadal para Cáritas nos centros Multisan
Na recadación realizáronse actividades coma o maratón de crosstraining

A recollida de agasallos de Multisan bateu récords / CEDIDA
Os centros MultiSan —o Multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel— sumáronse un ano máis á campaña de recollida de agasallos novos de Cáritas, «co obxectivo de contribuír a que todas as familias de Compostela poidan vivir un Nadal inesquecible».
Nesta edición, a implicación solidaria «foi especialmente destacada, acadándose un resultado histórico desde que os centros participan nesta iniciativa», explican dende MultiSan.
«Grazas á xenerosidade das persoas usuarias e do persoal traballador das instalacións conseguiuse superar a cifra de anos anteriores, reafirmando o compromiso social dos centros». Segundo contan unha das accións máis salientables foi o maratón solidario de crosstraining, dirixido polo instrutor Pumi, no que se programaron 10 horas consecutivas de adestramentos.
A esta iniciativa sumáronse outras actividades, indican dende MultiSan, como o reto solidario 20x100 na piscina, coordinado polo instrutor Daniel Rama, ou «a notable participación do alumnado de Pilates Reformer, encabezado pola profesora Teresa Carballedo, que realizou igualmente unha importante achega de agasallos novos».
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro