Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Postais dende Raxoi

Na vella estación do tren, o meu corazón latexa máis forte

Estación de tren de Santiago, fotagrafada pola edil María Baleato (PP)

Estación de tren de Santiago, fotagrafada pola edil María Baleato (PP)

María Baleato

Santiago

Os trens marchan e chegan, hai despedidas e hai reencontros, hai adeus e hai alegrías, hai bágoas e hai sorrisos, hai vida!

Penso nos trens perdidos (Angrois) e nos que chegan, penso no tren no que sempre viñan os Reis Magos a Santiago, a miña felicidade!…alí na estación do tren agardando ano tras ano, sempre, ata que un día “perderon” o tren

Penso no tren no que viña a miña avoa e o meu tío Eloy… no lugar da estación onde traballaba o meu tío Daniel e no tren que conducía o meu tío José…máis felicidade!

Penso cando levaba a miña sobriña Adriana a pasear á estación…encantáballe, igualiño que a min… aínda máis felicidade…penso no día que descubrimos a locomotora “Adriana”, a máis fermosa do mundo, sinto como gritabamos entre risas tolas: ¡O tren da Coruña! ¡O de Vigo!, segundo ollabamos á dereita ou á esquerda desde a plataforma…

Penso no tren no que ía traballar a Monforte, no que ía preparar as oposicións á Coruña, no que fun examinarme a Madrid, nas horas de estudo, nas amizades e no anónimo que me deixaron un día “oxalá espertes nun mundo mellor que no que te quedaches durmida” pero sobre todo na felicidade absoluta que sentín sempre ao volver a Santiago, a miña casa.

Na vella estación do tren o meu corazón latexa máis forte, oxalá cando baixe do meu tren deixe un bonito recordo, polo momento seguirei agardando polos Reis Magos que a Santiago viñan en tren e crendo que nese lugar melancólico para moitos, para min estivo e está a felicidade.

Tracking Pixel Contents