Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Que facer hoxe, 29 de decembro, en Santiago: nova edición da festa ‘La Marimorena’ no restaurante A Gamela

Para a cativada hai a pista de xeo ecolóxica e actividades lúdicas na Alameda

Dous dos asistentes á festa do Gamela 'La Marimorena' o pasado ano

Dous dos asistentes á festa do Gamela 'La Marimorena' o pasado ano / Cedida

El Correo Gallego

Santiago de Compostela

FESTAS. Como xa vén sendo habitual no Nadal da cidade vella chega unha nova edición da festa La Marimorena, que organiza Silvia González, hostaleira que dende o ano 2018 rexente o restaurante A Gamela. Dende as 17 ás 23 horas, e grazas á boa previsión meteorolóxica, o establecemento da rúa da Oliveira –próximo ao calexón Sae se podes– abre as portas á súa clientela para festexar estas datas. Haberá pinchos e actuación de Dj pero tamén haberá premio, ao Mellor Xersei de Nadal.

Pista de xeo ecolóxica e actividades lúdicas na Alameda

NADAL. A Alameda compostelá e un dos centros neurálxicos do Nadal na cidade. Un dos puntos de maior atracción para a cativada, neste parque da cidade, é dende o pasado 19 de decembro o paseo central, que por estas datas é un espazo de lecer para todos os públicos. Até alí poden achegarse hoxe as familias e gozar na pista de xeo ecolóxica e participar en diferentes xogos e actividades lúdicas. Este espazo de lecer permanece aberto dende as 11 ás 14 horas e, pola tarde, dende as 17 ás 20.30. Todas as actividades son de balde.

Narración oral con ‘Hotel Paraíso’ na Ánxel Casal

Ás 12 horas o salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal acolle a representación do espectáculo de narración oral Hotel Paraíso. Un conto que convida a imaxinar un lugar «no que cada habitación garda un sentimento, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo». Da man da compañía Galeatro, a rapazada de a partir de 4 anos descubre emocións coma a alegría, o medo, o amor, a ira ou a esperanza. A entrada é de balde até completar a capacidade da sala.

A representación do espectáculo de narración oral Hotel Paraíso comeza ás 12 horas

A representación do espectáculo de narración oral Hotel Paraíso comeza ás 12 horas / Cedida

Concerto de Nadal da man da AC O Galo

MÚSICA. Un ano máis a Asociación Cultural O Galo celebra o seu tradicional Concerto de Nadal da man do Grupo de Música Antiga 1.500, baixo o título De pratos e cantos. A cita é no Museo das Peregrinacións a partir das 20 horas e, ao remate, O Galo agasallará os presentes co libro Fernando Ruis de Castro. Ou prófugas e apóstatas. As monxas touquinegras de Galeza.

Tracking Pixel Contents