Postais dende Raxoi
O visible e o invisible

A Praza de San Martiño Pinario é o lugar da cidade escollido polo concelleiro Lestegás
Iago Lestegás
O espazo público é feito do visible e o invisible. Do tanxible e o intanxible. Aínda que a vista é o máis desenvolvido dos sentidos do ser humano, tamén cos outros percibimos e habitamos os lugares.
Segundo a mitoloxía romana, os lugares están protexidos polos genius loci, espíritos adoito representados con forma de serpe. A construción do espazo público debe apoiarse no xenio do lugar e ter presente que os humanos tamén buscamos protección. Nos espazos amorfos, sobredimensionados e estandarizados da modernidade global non nos sentimos protexidos.
Tras as cortinas dun balcón aberto ao nordés soa un acordeón. Pola porta entornada dunha tafona escapa o arrecendo a pan na mañanciña. O vendaval quente fai cantar as follas dun castiñeiro grande. Do largo lisboeta de Santo Estêvão lembro a vista do estuario do Texo escintilante baixo o sol morno de outono, pero a lembranza máis viva é unha versión pop de Estou Além do António Variações a escorregar pola xanela aberta dunha casa de paredes encaladas.
Os lugares que lembramos con máis intensidade son aqueles onde aconteceu algo que vivimos como extraordinario, aínda que non fose espectacular. Unha música, un aroma, unha textura, unha luz. Tamén os que vinculamos a persoas que xa non están connosco.
Da praza de San Martiño Pinario teño a lembranza nidia dunha noite de hai anos, voltando para a casa baixo a choiva a unha hora intempestiva, en que me sentín afortunado por vivir en Compostela.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla