A USC repartirá 1.500 euros entre artistas ou grupos musicais de estudantes: Como se pode optar ao premio?
Ata o vindeiro 7 de xaneiro poderanse presentar temas de música moderna orixinais a un certame que celebra a súa terceira edición

Estudantes da Universidade de Santiago no Campus Sur. / Jesús Prieto
L.R.
Co obxectivo de dar visibilidade a artistas ou grupos de música moderna que formen parte da comunidade universitaria e especialmente do seu estudantado, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da Universidade de Santiago convoca por terceiro ano consecutivo o Certame de grupos musicais da USC. Ata o 7 de xaneiro poderanse presentar candidaturas de maneira individual ou como grupo, formado por un mínimo de dous membros da comunidade universitaria ou tres para grupos de cinco ou máis compoñentes. Outorgaranse tres premios dotados de 800, 450 e 250 euros, respectivamente.
Nas solicitudes presentaranse temas de música moderna orixinais e non premiados con anterioridade. Cada participante ou grupo poderá presentar unicamente unha solicitude e unha proposta musical. Tampouco pode tomar parte nesta convocatoria quen fose premiado en anteriores edicións do certame ou teña editado algún traballo discográfico, agás que sexa autoeditado e que careza de respaldo discográfico na actualidade.
Que aspectos valorará o xurado?
As solicitudes pasarán primeiro por unha fase de preselección na que o xurado escollerá tres propostas de entre todas as presentadas. Valorarase a orixinalidade e instrumentación (3,5 puntos), a afinación e execución (3,5 puntos), posta en escena (2 puntos) e uso do galego (1 punto).
Unha vez finalizada a fase de preselección, abrirase a de selección final que determinará as propostas gañadoras a través dunha actuación en directo nun concerto da Primavera Cultural 2025, cunha intervención dun máximo de dez minutos por aspirante.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Seis nuevas jornadas de huelga de autobuses en Santiago: consulta los días y los servicios mínimos
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla