Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Nace o primeiro museo en liña sobre a figura de Rosalía de Castro

Resultado dun proxecto da investigadora Laura Camino, foi cedido para a súa difusión á Cátedra Rosalía de Castro da USC

Detalle do percorrido virtual polo Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro.

Detalle do percorrido virtual polo Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro. / ECG

L.R.

Santiago

A Universidade de Santiago lanza o Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro, un primeiro espazo dixital integramente dedicado á iconografía rosaliana, pensado tanto para a investigación como para a divulgación e a educación patrimonial. O percorrido organízase en torno a un extenso e heteroxéneo corpus de fontes visuais que abrangue desde o século XIX ata a actualidade, o que permite rastrexar distintos réximes de representación e estratexias de memorialización arredor da autora.

A iniciativa que agora dá os seus primeiros pasos é o resultado do proxecto ‘Rosalía 2.0: catalogación, estudo e dixitalización da iconografía sobre Rosalía de Castro’, un traballo desenvolvido durante o curso 2024-2025, grazas a unha bolsa de investigación en humanidades da Deputación da Coruña, por Laura Camino Plaza. Cedido para a súa preservación e difusión á Cátedra Rosalía de Castro da USC, este museo reúne e fai accesible material visual fundamental para comprender como se representou e conmemorou a imaxe da autora ao longo do tempo.

A investigación de Laura Camino, filóloga clásica e doutora en Estudos da Literatura e da Cultura pola USC, permitiu reunir, analizar e difundir un corpus iconográfico heteroxéneo, procedente de distintas fontes e épocas, e transformalo nun espazo dixital accesible e susceptible de actualización, pensado tanto para o público xeral como para a comunidade académica. “A posibilidade de incorporar novas pezas garante que o museo permaneza como un proxecto vivo e colaborativo”, destacan dende esta cátedra institucional da USC.

Tracking Pixel Contents