Avanza o proxecto do Ecobosque do Banquete de Conxo: recuperada a ponte do Cemiterio do Psiquiátrico
O acondicionamento de novas pontes e miradoiros na zona máis próxima ao Carballo de Conxo son algunhas das últimas actuacións executadas

A concelleira María Rozas, no centro, visitou nos últimos días os avances do proxecto do Ecobosque do Banquete de Conxo. / Concello de Santiago
L.R.
A recuperación da antiga ponte do Cemiterio do Hospital Psiquiátrico é unha das últimas accións incluídas no Ecobosque do Banquete de Conxo. O acondicionamento de novas pontellas e miradoiros na zona máis próxima ao Carballo de Conxo mostran que o proxecto avanza a bo ritmo, según puido corroborar a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas durante unha visita ao lugar.
A antigua ponte foi construída arredor do ano 1900 e permaneceu máis de 40 anos agochada baixo unha lousa de formigón colocada durante as obras do Hospital Provincial para soportar o tráfico pesado. A actuación actual,segundo indica o Concello, permitiu retirar ese engadido e devolverlle á ponte o seu aspecto orixinal, recuperando a altura inicial do taboleiro e poñendo en valor a súa estrutura histórica, «sempre con respecto polos materiais e pola configuración coa que foi construída».

A antiga ponte do Cemiterio do Hospital Psiquiátrico de Conxo foi construída arredor do ano 1900. / Concello de Santiago
Ademais, xa están ultimadas as novas pontellas sobre o río, novas pasarelas de madeira para facilitar o acceso ao paseo desde a rúa de Ramón Baltar, e tamén un miradoiro á altura do Carballo de Conxo.

O proxecto inclué novas pasarelas de madeira para facilitar o acceso ao paseo desde a rúa de Ramón Baltar. / Concello de Santiago
Posta en valor do Bosque do Banquete de Conxo e o ecosistema fluvial do río Sar
O proxecto do Ecobosque do río Sar busca recuperar e poñer en valor o Bosque do Banquete de Conxo e o ecosistema fluvial do río Sar, e conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, cunha achega de máis de 870.000 euros de fondos europeos Next Generation.
Ao seu abeiro, realizáronse nunha primeira fase un estudo hidrolóxico e un inventario do ecosistema fluvial do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo, dous documentos que avalaron a riqueza da zona e que serviron de base para as actuacións posteriores. Entre elas, puxéronse en marcha campañas para a eliminación de especies invasoras como a tradescantia e o bambú, plantáronse especies autóctonas, moitas delas de maneira participada a través do método das bombas de semente; ou aprobouse un plan de gobernanza e participación co obxectivo de implicar activamente á veciñanza e fomentar a transparencia e a corresponsabilidade nas accións ambientais vinculadas a ese proxecto.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos