Os concelleiros non adscritos fan balance do 2025: «Puxemos o interese xeral por diante»
Recordaron o seu apoio aos orzamentos, á operación Peleteiro ou á taxa turística

Gonzalo Muíños, Mila Castro, Marta Álvarez e Mercedes Rosón, os concelleiros non adscritos de Santiago, nos pasillos de Raxoi. / Jesús Prieto

Os concelleiron non adscritos, fixeron balance do 2025 en boca de Mila Castro, «un ano no que procuramos facelo o mellor posible poñendo o interese xeral por diante».
Castro recordou que apoiaron os orzamentos para o 2025, «aínda que o acordo non se estea cumplindo satisfactoriamente», o desbloqueo da operación Peleteiro, «un proxecto que levaba moito tempo enquistado porque a oposición, sistematicamente, bloqueaba a modificación do Plan Xeral necesaria para dotar a parcela de vivenda e unha praza pública» e a taxa turística, «aínda con eivas no proceso de diálogo, pero co compromiso de reforzar a participación da veciñanza na toma de decisións sobre o recadado».
Tamén reclamaron a axilización das becas comedor e o pago de horas extras a bombeiros e policías, ademais de «estar á carón» da clase traballadora no caso dos centros socioculturais, Ryanair ou o transporte urbano. A non adscrita puxo en valor o apoio prestado ás asociacións, comercio de proximidade e veciñanza, «que precisa uns servizos públicos de calidade e que se atendan as súas demandas».
Mila Castro asegurou que seguirán traballando no 2026 con «responsabilidade, altura de miras e coherencia». Concluíu o balance agardando «estar á altura do que Compostela merece».
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos