Postais dende Raxoi
Dende o Mirador de Fontiñas

Dende o Mirador de Fontiñas
Marta Abal
O paseo do Miradoiro de Fontiñas é un dos meus lugares preferidos de Santiago. É un espazo para camiñar e para atoparse, pero tamén un recuncho de calma, deses nos que a cidade parece baixar o ritmo e respirar máis amodo. Foi alí onde a miña filla maior, Sofía, deu algúns dos seus primeiros pasiños, co seu chándal negro de listas rosas; e hoxe ese mesmo percorrido segue formando parte da miña vida, convertido nun paso obrigado dunha das miñas rutas semanais de adestramento.
Desde o alto do Miradoiro desprégase unha das panorámicas máis fermosas de Santiago, quizais unha das que mellor explica a súa esencia. Ao fondo debúxase o casco histórico, coa Catedral e as súas torres, símbolo dunha cidade construída sobre séculos de historia e patrimonio. En primeiro plano aparecen a Área Central e o barrio das Fontiñas, un dos máis importantes e vivos da cidade.
Porque se algo define Santiago non é só o seu pasado, senón tamén os seus barrios e as súas veciñas e veciños, verdadeiros protagonistas da súa historia pasada, presente e futura. Son eles e elas quen fan deste concello un lugar non só para visitar, senón para vivir, para medrar e para soñar. Un lugar que se constrúe cada día, entre todas e todos.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI