Postais dende Raxoi
Brindemos polas tabernas, pola amizade!

Taberna María Castaña, na Raíña.
Pilar Lueiro
Unha cidade coñécela polas súas rúas e apréciala pola súa xente. En Santiago hai un terceiro elo, as tabernas, ou baiucas como gosta de chamarlles a alcaldesa. Un patrimonio que ao longo dos anos foi contribuíndo a formar o ADN picheleiro. Xa Álvaro Cunqueiro glosaba as tabernas da nosa cidade e o seu ambiente. Verdadeiros puntos de encontro e de reunión con propios e alleos, lugares indispensables para que unha cidade se coñeza a si mesma, e que nestas datas de Nadal fan un pouco de casa de todos e todas. Sexa na zona vella ou no Ensanche, nos barrios ou nas parroquias.
Non se trata só de saborear un bo viño, «o mellor viño non é necesariamente o máis caro, senón o que se comparte» dicía George Brassens, e concordo. A taberna é celebrar, departir... sempre en compañía.
Para min unha taberna especial é o María Castaña, na Raíña, desde que a finais dos noventa a puxeron en marcha Lois, Chicho e Xan, ningún deles compostelán de berce pero si picheleiros por dereito. Alí quedabamos moitos e moitas xa nos tempos de estudantes, partillando paroladas, risos, historias e amizade entre nós e con veciños e veciñas da cidade de idades e vidas diferentes, con persoas viaxeiras e as súas historias. Desde aquela ata agora, un lugar que sinto como propio e a través do cal se pode falar de moitas outras tabernas, como as do meu barrio (Sar), algunha delas aínda abertas, como a Chantadina, e outras xa desaparecidas. Esta cidade tamén é iso, brindemos polas tabernas, pola amizade!
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos