Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

De inglés a catalán: abre o prazo para anotarse nos cursos de idiomas da USC

Dirixidos a persoal e estudantado, pode tamén matricularse calquera persona maior de 18 anos

Unha clase de catalán no Centro de Linguas Modernas da USC

Unha clase de catalán no Centro de Linguas Modernas da USC / Cedida

Santiago

A Universidade de Santiago de Compostela acaba de abrir o prazo de matrícula para os seus cursos de idiomas, para os que nalgún caso hai que realizar un test de nivel previo. No campus de Santiago, o Centro de Linguas Modernas ofrece cursos de inglés, alemán, catalán, francés, italiano, portugués e galego para non galego falantes, e no de Lugo haberá nese semestre de alemán, francés, galego e inglés en distintas modalidades. Os cursos diríxense a persoal e estudantado da USC, pero están tamén abertos a calquera persoa maior de 18 anos interesada, aínda que non forme parte da comunidade universitaria.

Proba de nivel

Non terá que realizar un test de nivel previo o estudantado do nivel inicial do idioma ou quen poida acreditar un nivel inmediatamente anterior do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, aprobado no ano ou semestre anterior no propio CLM. O estudantado coa acreditación allea ao CLM, debe poñerse en contacto previo co Centro a través do enderezo clm@usc.gal. Nos restantes casos, é preciso realizar un test de nivel previo á matrícula, que será presencial e/ou en liña. Para realizalo hai que inscribirse de balde no período sinalado para cada caso no anexo da convocatoria.

Conversas en linguas modernas

A USC convoca tamén para o segundo semestre do ano académico 2025-2026 unha nova edición das Conversas en linguas modernas, que se ofrecen en niveis intermedio e avanzado de francés, inglés e checo. Para participar nelas, os requisitos son moi similares á convocatoria dos cursos, aínda que os prazos de matrícula e de inscrición no test de nivel darán comezo en febreiro.

Tracking Pixel Contents