Os traballadores dos buses maniféstanse en Santiago antes das novas xornadas de folga
A protesta comezará as 11.00 horas deste venres na estación intermodal e rematará no Parlamento

Piquetes informativos en una de las jornadas de huelga de los autobuses de Santiago / Antonio Hernández
CCOO, CIG e UGT convocan unha manifestación para este venres para reclamar un novo convenio colectivo no transporte de viaxeiros da provincia da Coruña. A protesta comezará ás 11:00 na estación intermodal de Santiago e rematará no Parlamento de Galicia.
Esta manifestación abre unha nova xeira de paros durante este mes, como os que xa tiveron lugar durante decembro. O cadro de persoal, en asembleas que tiveron lugar a semana pasada, aprobou realizar novos paros os días 12, 13, 16, 19, 20 e 23 de xaneiro. Se a patronal persiste no seu inmobilismo, a partir do 2 de febreiro as persoas traballadoras irán á folga indefinida. O motivo principal destas protestas é o «secuestro» do convenio colectivo por parte da patronal deste sector, explica CCOO. O convenio leva paralizado catro anos e quedou desfasado. O comité de folga subliña a grave situación salarial e destaca que no ano 2024 non houbo suba.
Suba salarial
A comisión negociadora denuncia que viu os seus esforzos frustrados ante o inmovilismo da patronal. A única oferta substancial presentada pola patronal foi un 1,20 % de suba salarial e «nada» no referente á xornada. Esta proposta foi rexeitada por se tratar dunha «suba salarial miserenta» que «insulta a todas as persoas traballadoras do sector».
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro