Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Bota a andar unha nova edición da Agrobiodiversity Summer School da USC

A inscrición neste curso de verán da USC está aberta ata o 28 de febreiro

Unha edición anterior do curso celebrada en Alemaña

Unha edición anterior do curso celebrada en Alemaña / Cedida

Santiago

A USC pon en marcha unha nova edición da Agrobiodiversity Summer School, un curso de verán sobre a agrobiodiversidade e nos sistemas alimentarios resilientes. Organizado polo Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (Cispac), do que a USC forma parte, en colaboración coa Zurich University of Applied Sciences (ZHAW) e o Research Institute of Organic Agriculture (FiBL), o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 28 de febreiro.

O curso que se desenvolverá do 2 ao 12 de setembro de 2026 en Galicia, permitirá que o estudantado profunde na paisaxe galega, así como na súa diversidade de agroecosistemas e formas de vida. «Esta interacción única entre persoas, natureza e sistemas de produción fan de Galicia un lugar inspirador para explorar ideas de sustentabilidade con visión de futuro», destacan dende o Cispac.

A iniciativa diríxese principalmente a estudantado de mestrado das áreas de ciencias agrarias, medio ambiente, sistemas alimentarios, tecnoloxías de procesado, desenvolvemento rural ou sustentabilidade. A participación está limitada a 30 prazas e restrinxida a estudantes procedentes —ou matriculados— nun amplo número de países europeos. A selección realizarase a finais de marzo de 2026.

Entre abril e setembro de 2026, o estudantado desenvolverá un mini caso de estudo sobre agrobiodiversidade. Os traballos serán presentados durante a súa estadía presencial en Galicia.

Tracking Pixel Contents