Cinema galego, os martes de xaneiro e febreiro, no Ateneo
Cada proxección vaise complementar cun coloquio posterior e bota a andar o día 13

Fotograma de 'Ons' o filme do compostelán Alfonso Zarauza / CEDIDA
O Ateneo de Santiago bota a andar dende o 13 de xaneiro un ciclo de cine galego. As proxeccións serán cada martes e combinaranse con coloquios. Cinema galego do século XXI reúne títulos producidos na última década, «que permiten achegarse ás linguaxes e miradas do audiovisual galego contemporáneo».
A primeira proxección será Ons, e contará coa presenza do director, Alfonso Zarauza. O 20 de xaneiro visualizarase Arima, coa participación de Melania Cruz, e o 27 de xaneiro pasarase La isla de las mentiras, presentada por Paula Cons.
En febreiro, o martes 3 proxectarase Mimosas, cun coloquio a cargo de Iván Villarmea, profesor de Historia do Cine da USC, o día 10 chega O corpo aberto e a súa directora Ánxeles Huerta. O 24 proxectarase Matria en contarase co director, Álvaro Gago. A última xornada será protagonizada por Raíces e La tierra del chicle, de Carlos Velo, ambos presentados por Xosé Ramón Pousa.
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro