Parque de Vista Alegre, balcón verde de Santiago

A Casa de Europa, no Parque de Vista Alegre
Rosario Ferreiro
Lembranzas de liberdade, de felicidade, de alegría, como reflicte o seu propio nome... Parque de Vista Alegre.
Aquelas primeiras saídas contra a tarde tras o confinamento, o parque de Vista Alegre abríase a nós a través de pequenos sendeiros flanqueados por estatuas, camelias, cítricos, palmeiras, plantas exóticas, flores e flores, que te enredan coa súa beleza, envolvendo os pasos de cor e fragrancia, e te conducen, a oasis que segregan paz, a paisaxes segredas propias dos contos, ao lixeiro balbordo do parque infantil, a escenas doutras épocas representadas pola antiga mansión colonial e polo hórreo de granito custodiado por araucarias.
Lembranzas de momentos compartidos, de primavera, de tardes solleiras, de longos paseos, de xogos, de carreiras, de picnics, de risas, de xeados, de descubrimentos.
Un lugar onde o tempo se para, un bosque encantado en pleno corazón de Santiago, onde se xunta a natureza e a aventura da man do Museo de Historia Natural, cheo de fósiles, minerais e dioramas realistas, e da Escola de Música que converten o parque nun escenario vivo onde os máis pequenos inventan historias ao ritmo das notas musicais.
Recunchos máxicos, testemuñas de vivencias daqueles tempos incertos e imprevisibles, que perdurarán para sempre .
Parque de Vista alegre, balcón verde de Santiago, refuxio de emocións onde o tempo se detén entre sombras centenarias e notas fuxidas. Sempre te levarei no corazón.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Seis nuevas jornadas de huelga de autobuses en Santiago: consulta los días y los servicios mínimos
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla