Santiago
O PSOE advirte «falta de vontade» de Sanmartín para negociar os orzamentos
Redclama «coñecer con detalle o grao de execución e cumprimento» dos acordos de anos anteriores

Marta Abal, concelleira do PSOE / Cedida
A concelleira do PSOE, Marta Abal, denunciou onte que o goberno de Goretti Sanmartín «evidencia unha falta de vontade real» de negociar os orzamentos de 2026 e rexeitou iniciar este diálogo sen que haxa antes unha rendición de contas sobre os acordos de anos anteriores. «Antes de falar de novos orzamentos para 2026, é fundamental coñecer con detalle o grao de execución e cumprimento dos compromisos adquiridos nos orzamentos de 2025», afirmou Abal.
A concelleira socialista sinalou que a partir de aí, o seu grupo «ten plena disposición para chegar a entendementos». De cara a unha negociación, asegurou que «o apoio aos orzamentos municipais de Santiago de Compostela non é nin será un cheque en branco», e engadiu que «a nosa obriga é defender á cidadanía con responsabilidade institucional, pero tamén con esixencia política».
Inicio das conversas
Abal fixo estas apreciacións despois de que a alcaldesa dera a coñecer que o goberno xa ten un borrador de orzamentos e que foi trasladado un resumo do mesmo tanto ao grupo socialista como aos edís non adscritos para buscar o seu apoio. Ademais, a rexedora indicou que tamén están xa axendadas as primeiras xuntanzas para tratar esta cuestión.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago