A túa reunión coa alcaldesa: Sanmartín recibirá a veciñanza no seu despacho dous días ao mes
O goberno local aposta en 2026 pola participación e a mobilidade coa xestión da auga e a remunicipalización dos parkings no horizonte

Goretti Sanmartín con su equipo de Gobierno en la rúa del Villar / Antonio Hernández

O Bipartito convocou este venres a prensa para un almorzo infortmativo no que dar conta dos principais proxectos a abordar neste 2026, entre eles o de incrementar a participación cidadá na toma de decisións, "porque somos o goberno da xente", asegurou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín na Rúa do Vilar, antes de acceder ao Café Paradiso, que pecha as súas portas por xubilación logo de 50 anos de apertura ao público.
Ao xeito que fai habitualmente, "percorrendo as rúas e falando coa xente", a rexedora anunciou que a partir de febreiro recibirá cidadáns particulares no seu despacho da Alcaldía, "porque o tecido asociativo xa ten as súas propias canles", cada primeiro e terceiro xoves de mes. A través da solicitude en liña da cita, na web municipal, levaranse a cabo estas xuntanzas para que a cidadanía de Compostela faga as súas "achegas, propostas e demandas" ao equipo de goberno a través da rexedora.
Sanmartín reivindicou que esta nova medida se suma a outras xa postas en marcha recuperando os consellos de participación de Xuventude, Educación ou taxa turística. Da implantación do imposto de estadía a rexedora aproveitou para aclarar que «o que pretende nestes momentos é equilibrar o impacto do turismo entre nós». E unha vez máis defendeu que «somos o goberno da xente, no novo modelo de autobuses tamén, nesa necesidade de que o servizo teña unha cobertura moito máis grande».
O ano do contrato de buses
A alcaldesa Sanmartín e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, defenderon unha vez máis que este é un goberno que toma "medidas estruturais e a medio prazo", e puxeron en valor que se 2025 foi o ano dos Servizos sociais (acaban de licitarse a Casa dos Maiores no Ensanche e o Centro Integral de Atención a Persoas sen Fogar, que abrirá as súas portas no mes de xuño en Belvís), este 2026 se será o do contrato de autobuses, licitado a finais do ano pasado.
Un novo contrato que «nos permitirá un incremento de usuarios de transporte público», apuntou a concelleira María Rozas, «que nos permitirá unha mellora da conectividade das parroquias do rural e unha mellora das frecuencias do autobús».
En termos de mobilidade tamén se abordará neste 2026 a humanización do conector central (de San Clemente a San Caetano atravesando a Virxe da Cerca) e mais a remunicipalización do aparcamentos das prazas de Galicia e de Vigo (contratos expirados o primeiro o ano pasado, mentres o segundo finaliza este ano).
A xestión integral da auga é outra das cuestións no horizonte de 2026 do goberno local. Neste sentido, a alcaldesa lembrou que a comisión se reunirá o vindeiro día 16 para darlle o visto bo, ou non, a uns informes que deben someterse a pleno para a súa xestión mixta. «Nesas medidas», defendeu Sanmartín, «estruturais e valentes, imos seguir avanzando, con proxectos coma este», un servizo público que pula pola eficiencia.
Con todo, aínda están pedentes os orzamentos de 2026, en fase de negociación e de cuxo borrador dará conta a vindeira semana o concelleiro de Facenda, Manuel César.
Máis de 100.000 habitantes e centrados no eido social
Na súa intervención diante da prensa, a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, fixo fincapé en que «dende o principio de mandato» se apostou por «políticas públicas pensadas para a xente», unha veciñanza que por fin superou os 100.000 habitantes na capital de Galicia. «O noso obxectivo», recalcou Rozas, «é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Santiago».
«Con este obxectivo puxo en valor o traballo de Servizos sociais desenvolvido en 2025, tanto nas melloras do SAF (Servizo de Atención no Fogar, cuxo custo asume maioritariamente o Concello de Santiago) coma nas licitacións da Casa dos Maiores e mais do centro para persoas sen fogar, sen esquecer a Factoría Moza, que aproveitará a antiga estrutura destinada ao Parque de Bombeiros e que foi, entre outras iniciativas de mocidade (coma o Centro Xove da Almáciga) louvada pola ministra de Juventud e Infancia do Goberno central, Sira Rego, nunha recente visita oficial á capital galega.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI