Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago

Acción exterior, asesoría e comunicación en galego, prioridades do Consello da Cultura para 2026

Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros recollerán en febreiro as medallas da entidade

Sesión plenaria do Consello da Cultura Galega

Sesión plenaria do Consello da Cultura Galega / Cedida

Santiago

O Consello da Cultura Galega (CCG) detallou na súa última sesión plenaria a programación prevista para 2026. A análise da paisaxe, os medios de comunicación en galego xunto co fortalecemento institucional, a asesoría e a acción exterior son as liñas que a institución fixa como prioritarias para este ano.

Na sesión tamén se presentou o balance de 2025, no que se desenvolveron 106 actividades presenciais; houbo 27 itinerancias de 13 exposicións, tres delas de nova creación; realizáronse 37 informes de asesoría e puxéronse en rede especiais, fondos documentais e materiais de diferente formato.

Medallas do CCG

Dentro do programa, unha das actividades máis destacadas terá lugar en febreiro, cando se entregue a máxima distinción que concede a institución, as Medallas do Consello da Cultura Galega, a Kathleen March e a Francisco Díaz-Fierros. Este recoñecemento pretende situar tanto a importancia da diplomacia cultural e da acción exterior para o futuro da cultura galega, así como a relevancia do fortalecemento da rede cultural dentro do país.

Programa de actividades para 2026

En 2026 celebrarase tamén o 150 aniversario da aparición do xornal O Tío Marcos d´a Portela que abrirá unha liña de traballo que prestará atención aos medios de comunicación en galego, como a homenaxe a Valentín Lamas Carvajal ou a celebración do 40 aniversario da televisión pública galega, entre outros. Destaca tamén unha liña de acción arredor do 50 cabodano de Otero Pedrayo ou os actos relacionados co Día das Letras Galegas.

Tracking Pixel Contents