Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Seguridade viaria

O PSOE reclama medidas a Raxoi polos accidentes en Laraño

O lugar de Casas do Monte rexistrou dous sinistros en menos de 24 horas

Marta Abal, durante a celebración dun pleno do Concello de Santiago

Marta Abal, durante a celebración dun pleno do Concello de Santiago / Cedida

Santiago

O Grupo Municipal Socialista denunciou onte a «pasividade» do goberno de Goretti Sanmartín ante a «grave situación de inseguridade viaria que padece a parroquia de Laraño» tras rexistrarse dous accidentes en menos de 24 horas no lugar de Casas do Monte.

O PSOE lembra ademais que denunciaron o risco que presenta a zona no pleno de novembro e Raxoi «prometeu intervir». A concelleira Marta Abal sinala que «a día de hoxe non temos constancia de que se teña executado ningunha actuación ao respecto. As consecuencias desta inacción son evidentes: dous accidentes rexistrados en menos de 24 horas».

Abal considera «urxente» que Sanmartín adopte «de inmediato, as medidas necesarias para mellorar a seguridade viaria nesta parroquia, tal e como se recolle no informe da Policía Local solicitado pola propia alcaldesa». Os socialistas aseguran que seguirán vixiantes e esixirán que «o compromiso adquirido se materialice sen máis demora». «Non actuar non é unha opción», sostén a concelleira.

Tracking Pixel Contents