Curso sobre a dor para profesionais da saúde e estudantes da USC
O grupo Benestar do Instituto de Psicoloxía é o encargado de impartilo

María Teresa Carrillo, do grupo Brain and Pain da USC / USC
O grupo Benestar–laboratorio BAP (Brain and Pain) do Instituto de Psicoloxía da USC (IPsiUS) formará estudantado de Psicoloxía, Medicina, Odontoloxía e Enfermaría para proporcionarlles os fundamentos teóricos sobre a dor e a súa cronificación, alén de impartir sesións prácticas para coñecer técnicas específicas para avaliar a dor e procedementos de neuromodulación. «A formación en dor é unha lagoa nos ensinos de grao», sinalan, motivo polo cal este curso ten como obxectivo formar aos futuros profesionais da saúde.
«Cun forte enfoque no modelo biopsicosocial, presentarase a evidencia dispoñible sobre as distintas abordaxes á dor crónica e incidirase na importancia da formación en ciencia da dor para os pacientes», engaden.
Inscripción ata o 13 de xaneiro
O prazo de inscrición deste curso remata o 13 de xaneiro a través da secretaría virtual da USC (Actividades/Oferta/Actividades de recoñecemento ECTS nos graos). O curso desenvolverase durante seis xornadas (nas tardes dos xoves e venres dende o 29 de xaneiro ata o venres 13 de febreiro).
O obxectivo do curso é dotar os futuros profesionais de ciencias da saúde de ferramentas para realizar un manexo da dor crónica máis efectivo e baseado na evidencia, a partir do coñecemento sobre a neurofisioloxía da dor. O curso combina sesións expositivas con sesións prácticas dedicadas a realizar exercicios para os cursos de educación en dor e manexo de equipos de neuroestimulación cerebral. A actividade desenvólvese no marco do proxecto Painless Horizonte Europa e é convalidable cun crédito de libre configuración.
Custes
O curso ten un custe de 10 euros para o estudantado da Universidade de Santiago e de 25 euros para os profesionais da saúde.
- III Feria de Antigüedades y coleccionismo, este sábado y domingo en el Outlet Área Central
- El restaurante de Santiago que ha enamorado a un conocido influencer gastronómico: 'Volveré, directo a mis favoritos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Buscan unos figurantes muy especiales para una «gran producción de época» que pronto se rodará en Santiago
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro